Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
venres, 24 de outubro de 2014
Esquema: Galicia na Idade Media. A cantiga de amor.
Tedes que realizar un esquema do inicio do tema 2, apartado "Galicia na Idade Media. A cantiga de amor" (pp.30-33).
Podedes utilizar a aplicación que queirades, mesmo facelo a man. Eu suxírovos dúas aplicacións:
http://drive.diagram.ly/ (É de Google, xa non teriades que rexistrarvos e sería fácil compartila comigo).
Spider Scribe
Para saberdes como utilizalas tedes titoriais en rede.
Para o martes da próxima semana.
martes, 7 de outubro de 2014
VOTA POLO MONUMENTO QUE CHE GUSTARÍA INVESTIGAR CO TEU GRUPO
No seguinte enlace podes votar polo monumento que che gustaría investigar cos teus compañeiros. Tedes que dar 3 puntos, 2 puntos e 1 punto (tan só podedes votar por 3 monumentos). Non é necesario que vos poñades de acordo. Cadaquén pode votar polo que prefira. Se hai monumentos que teñen o mesmo número de votos, adxudicaráselle ao grupo ou compoñentes do grupo que poñan unha ou máis razóns nos comentarios desta publicación. Para accederes ao formulario de votación fai clic AQUÍ
xoves, 2 de outubro de 2014
Exercicios do dicionario
Esta semana estivemos vendo cuestións relacionadas co dicionario e o alfabeto. Practica seguindo as actividades que poderás atopar deseñadas por Aprofa no seu blog.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)