Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
Amosando publicacións coa etiqueta 4º AL PDC b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º AL PDC b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 7 de xaneiro de 2015
COMEZAMOS A 2ª AVALIACIÓN
Feliz 2015 a todas e todos e moitos ánimos para seguir o curso, que xa está enriba a segunda avaliación (que, por certo, pasará moi rápido). Tedes as datas de exames, lecturas e demais nos criterios de cualificación.
martes, 2 de decembro de 2014
ESCRIBIMOS CON CORRECCIÓN
Temos que ir mellorando a nosa lingua escrita e falada. Xa estamos nun nivel no que hai erros que non se deben repetir. Imos comezar poñendo os máis relevantes a eliminar. Podedes consultalos premendo no seguinte documento
mércores, 19 de novembro de 2014
A VIOLENCIA DE XÉNERO EN TITULARES
O día 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.
Tedes que recoller algún titular de prensa que saíse ao longo deste ano 2014 en relación con este tema: anotades o titular, o xornal, o día e traducídelo ao galego se non está na nosa lingua.Nun folio de cor laranxa seguindo as indicacións da ONU a poder ser. Podedes facelo con rotuladores, pinturas, a ordenador...
sábado, 1 de novembro de 2014
DÍAS PARA SAÍR A INVESTIGAR
Estes días de lecer son bos para que completedes a vosa información sobre os pazos. Eu proporciónovos outra guía que se suma á que xa tedes para buscar en internet. Lembrade que estamos no final da conta atrás para entregardes o voso traballo. Boa ponte!!!
martes, 7 de outubro de 2014
VOTA POLO MONUMENTO QUE CHE GUSTARÍA INVESTIGAR CO TEU GRUPO
No seguinte enlace podes votar polo monumento que che gustaría investigar cos teus compañeiros. Tedes que dar 3 puntos, 2 puntos e 1 punto (tan só podedes votar por 3 monumentos). Non é necesario que vos poñades de acordo. Cadaquén pode votar polo que prefira. Se hai monumentos que teñen o mesmo número de votos, adxudicaráselle ao grupo ou compoñentes do grupo que poñan unha ou máis razóns nos comentarios desta publicación. Para accederes ao formulario de votación fai clic AQUÍ
xoves, 2 de outubro de 2014
Exercicios do dicionario
Esta semana estivemos vendo cuestións relacionadas co dicionario e o alfabeto. Practica seguindo as actividades que poderás atopar deseñadas por Aprofa no seu blog.
xoves, 25 de setembro de 2014
luns, 22 de setembro de 2014
LIBROS DE LECTURA 4º PDC 1ª AVALIACIÓN
Esta é a relación de libros de lectura do Ámbito Lingüístico PDC, curso 2014-15.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN EN 4º AL PDC
Neste enlace podes ver os Criterios de Cualificación para o curso 2014-15 no Ámbito Lingüístico en 4º da ESO PDC.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
