PÁXINAS

Amosando publicacións coa etiqueta 4ºESO 1920. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4ºESO 1920. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de marzo de 2020

AS GUERRAS DO SÉCULO XX NO CINE 39

https://prezi.com/view/LizEx8RH4RHGXkxN8AKH/

AS GUERRAS DO SÉCULO XX NO CINE 38

"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA E NADA PODÍA SAÍR MAL..."

1º CONCURSO DE MICROCONTOS "DESDE A NOSA CASA"

BASES DO CONCURSO:

- Os microcontos estarán escritos en galego.

- O microconto non pode ter máis de 100 palabras. (Só 1 microconto por persoa e por tema)

- Poden participar os papás e mamás (pero non lles puntúa para a nota)

- Tedes que envíalo ao gmail divercarral@gmail.com

- Eu publicareinos con pseudónimo para que os demais alumnos non saiban de quen son.

- Escollerei os 3 que máis me gusten cada 3 días. O 4º día votarán os alumnos e sairá un gañador/a.

- Haberá outro gañador/a: aquel alumno/a que descubra máis erros lingüísticos nos microcontos e que os indique nos comentarios aos microcontos (neses comentarios porá o seu nome porque non se publicarán, posto que eu non os vou autorizar e así tampouco vos sentiredes criticados porque vos corrixan os erros).

- Como premio terá… falarémolo á volta.

1º MICROCONTO (Podedes enviarmo ao correo até o 18 de marzo ás 24:00 horas da noite)

TÍTULO : "Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal"

TELEGALEGO 2020

16 DE MARZO DE 2020


1º DÍA SEN ALUMNADO


Bo día, rapazas e rapaces do IES DE CARRAL!

Xa me tarda vernos polo instituto de novo. Agardemos que sexa unha interrupción breve das aulas e que todo se resolva o antes posible. Así que aínda que non está en galego a canción nin os subtítulos, vou empezar poñéndovos un fermoso vídeo que nos convida a sermos optimistas. Podedes velo cando vexades que a algún lle decae o ánimo: amiga, familiar, compañeira... Porque aínda que non o creades, “XA CHEGA O SOL”:

4ºESO ACTIVIDADES DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS

ACTIVIDADES LINGUA E LITERATURA GALEGA 4º ESO

En primeiro lugar quero darvos uns avisos en relación co funcionamento das actividades:

- Seguirei a usar o gmail e o drive para avisarvos das actividades.

- Tamén as colgarei no blog Carralingua para aquel alumnado que non teña correo. Clicade sobre a etiqueta 4º da ESO ou Guerras.

- En próximos días, enviareivos as notas do 2º parcial e tamén mandarei actividades de reforzo da nota.

- Ademais, compartirei o proxecto “A viaxe sen retorno”. Iremos variando os diálogos a proposta vosa e poderedes irme dicindo en que viñetas ou que papeis da obra vos gustaría facer. Igualmente, os que non queirades saír nas estampas nin facer papel ningún podedes comentarmo.

- Igualmente irei propoñendo diferentes actividades, principalmente lecturas, redaccións e algún que outro xogo.

- En breve, teredes a primeira publicación no blog Carralingua despois desta.

ANXO