PÁXINAS

luns, 16 de marzo de 2020

"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA E NADA PODÍA SAÍR MAL..."

1º CONCURSO DE MICROCONTOS "DESDE A NOSA CASA"

BASES DO CONCURSO:

- Os microcontos estarán escritos en galego.

- O microconto non pode ter máis de 100 palabras. (Só 1 microconto por persoa e por tema)

- Poden participar os papás e mamás (pero non lles puntúa para a nota)

- Tedes que envíalo ao gmail divercarral@gmail.com

- Eu publicareinos con pseudónimo para que os demais alumnos non saiban de quen son.

- Escollerei os 3 que máis me gusten cada 3 días. O 4º día votarán os alumnos e sairá un gañador/a.

- Haberá outro gañador/a: aquel alumno/a que descubra máis erros lingüísticos nos microcontos e que os indique nos comentarios aos microcontos (neses comentarios porá o seu nome porque non se publicarán, posto que eu non os vou autorizar e así tampouco vos sentiredes criticados porque vos corrixan os erros).

- Como premio terá… falarémolo á volta.

1º MICROCONTO (Podedes enviarmo ao correo até o 18 de marzo ás 24:00 horas da noite)

TÍTULO : "Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal"

Ningún comentario:

Publicar un comentario