PÁXINAS

martes, 17 de marzo de 2020

"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA..." 1

Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.
Levaba como dous meses ansiosa por velo, cada día que pasaba poñíame máis nerviosa
xa que, nunca o vira en persoa e só podía comunicarme con él a través do internet. Ao falar con él, sentíame unha persoa moi especial e todo o meu mundo xiraba no seu entorno. Extrañábame moito que sempre me pedía fotos miñas, sen embargo nunca conseguín unha del.
Chegado o día, sobre as 5:30h da tarde, eu quedara con él na cafetería que está diante do parque. Estiven a agardar a que viñera. O tempo pasaba e a min facíaseme eterno cada minuto da espera. De súpeto, un home de uns 55 anos sentouse ao meu carón e dirixiuse a min polo meu nome. Nese instante, quedei paralizada, o corazón íbame a mil… Decateime de que estiven tanto tempo enganada.
Non volverei a cometer o mesmo erro de falar con xente descoñecida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario