Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
martes, 12 de maio de 2020
venres, 1 de maio de 2020
VÍDEOS POLO DÍA DO LIBRO
Con motivo da celebración este xoves, 23 de abril do "DO DÍA LIBRO", propoñemos a seguinte actividade suxerida pola Biblioteca do CEIP Padre Cardeal Quiroga:
Teredes que inventar unha historia coas portadas dos libros que vos queirades e que teñades na casa. A historia contarédela en galego, aínda que haxa portadas de libros noutras linguas. Podedes ver os que presentaron nese CEIP na seguinte ligazón e un vídeo dos que se presentaron.
martes, 21 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "TARÁNTULA" 2
Isto aconteceu un día que fun ao parque cos meus pais. Ese mesmo día
encontrei un anaco de tea con manchas de sangue. Estaba tan nervioso que fun avisar o primeiro persoal do parque que vira,
pero o que me fixo latexar aínda máis o corazón ,foi que a xente andaba
correndo e gritando, saíndo pola porta de emerxencia do parque. Case me dá un
ataque de pánico!, Despois notei que alguén me tocou nas costas, miro e... Era
unha tarántula! Só pasaron uns segundos ata que veu un señor correndo que
preguntaba: "ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA?". Inmediatamente
entregueille a tarántula nun golpe, pero sigo pensando que pasou co anaco de tea...
xoves, 16 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "TARÁNTULA" 1
O monstro do colexio.
Hoxe é día de festa no colexio, xa que é o ultimo día do curso. Todos o estaban pasando ben, ata que se empezaron a escoitar gritos en diversas partes do patio. Algúns dicían ver unha araña, outros un monstro, e había quen o chamaba cousa peluda. Ante tanto alboroto, unha profesora acode ao patio e atópase unha tarántula. Nada máis vela acórdase dun alumno. Cóllea con coidado e chama o alumno para clase.
Cando entra, pregúntalle se perdeu algo, mostrando o animal. Ao que el contesta: ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA? A profesora preguntoulle que por que estaba no centro. Entón, el aclarou: esta mañá, mentres lle daba a súa comida, escapouse e debeuse meter na miña mochila.

domingo, 5 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 10
Onte pola noite, cando ía durmir, escoitei un ruído moi forte, parecía vir do salón. Cando fun ver que acontecía, detectei unha sombra movéndose ao meu carón. Ao chegar ao salón, un berro moi forte chamou a miña atención. Viña do soto, non me atrevía a baixar, a saber que me podía atopar! Rapidamente corrín cara a miña habitación, pechei con chave e púxenme a durmir. Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
venres, 3 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 9
Eran as 2 da mañá e aínda acababa de chegar a casa, así que decidín ir cear, xa que tiña moita fame. De alí a un anaco, comecei a escoitar sons raros na segunda planta. Ao comezo non lle dei importancia, pero como os sons seguían... Subín a ver que acontecía, pero alí non había nada de nada.
Cando volvín á cociña vin a porta medio aberta. Eu xuraría que a deixara pechada. Deime a volta e vin unha sombra e desmaieime.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.

CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 8
Onte, xusto quedai vendo unha película chamada “A casa de cera”. Foi unha das películas que máis medo me deu das moitas que vin. Polo medio dela, escoitei un ruído, pero non lle prestei moita atención xa que me ocorre bastante a mIúdo Cando rematou a película, acendín todas as luces. Si, son así de asustadiza. Despois fun para cama e escoitei un ruído, era como o son dunha cámara ou un móbil. A verdade é que tardei en durmir, pero fíxeno.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo.Vivo soa.

xoves, 2 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "Vivo soa" 7
Estaba na miña casa soa lendo un libro moi interesante cando, de repente, soou o meu móbil. Era miña nai que me preguntaba que tal estaba. Falei un pouco con ela e seguín lendo o meu libro .
Máis tarde escoitábase rañar na porta do estudio; era o meu can Uxío e deixeino pasar. Deille de comer, ceei eu e volvín enfrascarme no libro. De alí a un poco fun para a cama e quedei durmida.
E esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa

CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 6
Despois de que o meu compañeiro de piso marachara do país intentei atopar a toda présa un novo, xa que non me agradaba quedar soa na casa; pero esas noites que foi inevitable que estivbera soa sentín cousas estrañas: a miña cadela ladraba sempre á mesma hora; eu non vía nada, pero si que escoitaba, non lle dei importancia, pero para sentirme máis segura fun comprar unha cámara para instalar na entrada da casa. Esa noite escoitei claramente alguén rindo e como rompía a cámara que instalara. O peor ocorreu á mañá seguinte. Non mo cría. Fun á comisaría contar a historia. Non me tomaban en serio, pero notei como lle cambiaba a cara ao policía cando lle dixen: Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
mércores, 1 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 5
Na miña casa,moi lonxe da miña familia, preto do antigo xulgado que agora está pechado e moi vello, escoitábanse sempre ruídos pola noite, pero eu tomeino como algo normal. A miña casa só ten unha habitación (situada ao lado da porta de entrada). Sempre tiña pesadelos co mesmo, todo estaba relacionado cun móbil. Decidín pasar diso, aínda que penso que alguén me vixía nalgún momento do día. Un día de moita néboa o móbil non me ía ben, así que decidín cargalo e ir durmir un par de horas. Entón esa mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 4
Onte foi unha noite moi entretida e moi divertida, aínda que non me lembro de..como foi o final da noite. Do que me acordo é que despois de levar bastante tempo na discoteca, empezei a falar cun mozo e este sacoume a bailar; despois empezei a falar con el. A conversa durou bastante e do último que me lembro foi do bico que nos demos alí, pero non me lembro de nada máis. Aínda que esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 3
Hoxe tiven un mal día, espertei, mirei o reloxo e xa eran as 11:00!. Aínda tiña que facer os traballos da escola, os proxectos, os deberes, ler os libros que me mandaron os profes de lingua... Buf! Cando rematei mirei outra vez ao reloxo e vin que eran ás 22:00! Lavei os dentes, puxen o pixama e fun directo para a cama. Non daba durmido porque bebín moito café, pero conseguino, bebendo dous tragos de leite quente. Dúas horas máis tarde esperteime oíndo unhos ruídos e esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 2
Antonte pola tarde, cheguei á casa moi cansa do traballo. Ducheime, limpei un pouco a casa, fixen a cea e despois púxenme a ver un pouco a televisión.
Xa eran as once da noite e decidín ir para cama; xusto nese intre chamoume miña nai para preguntar que tal o día e todo iso que soe dicir unha nai. Cando rematamos de falar deixei o móbil na mesilla de noite e púxenme a durmir. Á mañá seguinte levanteime como todos os días ás oito da mañá e fun almorzar.
Estaba almorzando cando entrei na galería do móbil e vin unha foto miña durmindo. Vivo soa.

martes, 31 de marzo de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 1
Nunca me pasara algo así. Sempre vin películas de medo antes de durmir sen problemas.
Pero esta noite foi diferente.
Ao principio pensei que os ruidos eran só imaxinación mia. Os pasos que resoaban polo meu cuarto tamén o parecían. O asasino non ía vir por min.
A respiración ao lado da miña orella, caendo sobre a miña pel non podía ser unha simple xogada da miña mente.
Pero ao levantar a cabeza da almofada soamente vin a escuridade tenuemente rota pola luz da lúa, sen nada fora de lugar nela.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
Pero esta noite foi diferente.
Ao principio pensei que os ruidos eran só imaxinación mia. Os pasos que resoaban polo meu cuarto tamén o parecían. O asasino non ía vir por min.
A respiración ao lado da miña orella, caendo sobre a miña pel non podía ser unha simple xogada da miña mente.
Pero ao levantar a cabeza da almofada soamente vin a escuridade tenuemente rota pola luz da lúa, sen nada fora de lugar nela.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
sábado, 28 de marzo de 2020
AS GUERRAS DO SÉCULO XX NO CINE 45
https://www.canva.com/design/DADy84AX8rI/share/preview?token=JAaLCwgB4gJxQ_NhkIfsBw&role=EDITOR&utm_content=DADy84AX8rI&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=sharebutton
mércores, 25 de marzo de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 10
Estaba a punto de comezar a gran subida á montaña,o que gañara esa competición sería o que desfrutaría da gran recompensa,e alí estaba eu,entre milleiros de persoas animando ao meu gran amigo da infancia,Alberto e eu éramos inseparables,43,.Esta competición era moi importante para el,levaba adestrando meses e meses,concretamente dez meses,tres semanas e seis días,estaba seguro de que el era capaz de gañar,pasara o que pasara eu estaría moi orgulloso de Alberto e de todo o tempo que gastou en prepararse,se gañaba sería algo xenial,vamos Alberto!
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 9
A GRAN AVENTURA DE XOÁN
Xoán era un neno ao que lle gustaban moito os foguetes ,desde moi pequeno facía foguetes de xoguete e xogaba a que era un astronauta e viaxaba á lúa.Cando tiña once anos fixo un prototipo de foguete que chegou ata o tellado da sua casa e rompeu un pedazo de tellado. Os seus pais berráronlle, pero el seguía coas súas trasnadas.Foron pasando os anos e Xoán converteuse nun gran experto dos foguetes ,e fabricou un co que puido chegar ata a Lúa, o que sempre desexara de pequeno cumpríuselle e fíxose famoso.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 8
A Subida
Alberto era un importante médico que dispoñia en xeral de moi poco tempo na súa vida. El tiña unha Muller e dous fillos. A muller e seus fillos reclamaban atención. Esta situación iniciouse pola chegada dos coronavirus xa que lugares como Madrid, onde vivían, necesitaban da axuda do maior número de sanitarios posibles. Neste intre ,Alberto deuse conta xunto con outros moitos compañeiros que debían esforzarse moito e subir o seu afán de traballo. Deles dependía que esta enfermidade disminuira. Con isto a súa familia entendeu o lugar onde debía estar.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 7
A subida á casa da avoa.
Unha familia que vivía na Coruña tiña un piso ao carón do mar pero, tiñan unha excepción e era a súa avoa. Ela vivía nuha montaña moi empinada. Case non había rúas nin camiños e os que había eran moi empinados. Como costaba bastante chegar á cima que era onde se atopaba a súa casa, quería inventar unha maneira de poder subir se case esforzo. Ao principio pensou nunha especie de ascensor pero ao final fixo unha cadeira cuns foguetes para subir á casa e unha tirolina para descender. Unha idea moi divertida.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 6
"Os accidentes son imprevisibles". Manolo sempre nolo dicía: "estade atentos e non vos desconcentrar".
Cando un de nós entraba a traballar sen o "obrigatorio" casco, alí estaba Manolo para botarlle a bronca. Se algunha vez estabas fumando un cigarro e sacabas as luvas, tiñas que escoitar a Manolo lembrándoche que era "obrigatorio" usalas.
Manolo era moi pesado.
Cal non sería o noso abraio cando a policía díxonos que non podiamos entrar á obra porque ocorrera un accidente.
Manolo morrera por caer do andamio cando subía moi rápido sen usar o "obrigatorio" arnés de seguridade.
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 5
Roberto era un home aficionado á enxeñaría aeronáutica.Ademais,encantáballe viaxar nos avións e ver diferentes lugares dende arriba, disfrutando de todas as vistas.Por iso,un día decidíu fabricar unhas ás.Estivo horas,días,semanas poñendo pezas,inventando mecanismos...Cando por fin rematou o seu proxecto despois de tanto tempo, quería probalo canto antes.Entón,subiuse ao seu tellado e tirouse abaixo coa esperanza de que o levara arriba de novo.Pero isto non sucedeu,e este home quedou coxo para o resto da vida.
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 4
A subida ao traballo
Era un día como tantos outros e a Roi dáballe moita pereza subir ata o décimo piso para ir a o seu traballo, xa que o ascensor está sempre cheo porque é hora punta. Así que, comezou a pensar en como podía chegar ó traballo o máis rápido posible. Isto deu lugar a varias ideas erróneas, pero un día percatouse de que o mellor sería empregar un cohete para ir voando ata o seu destino.

martes, 24 de marzo de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA 3"
Este conto comeza nunha pequena vila de Coruña. Era un home que sempre estaba contento pero a hora de ir ao traballo iba moi insatisfeito xa que el pensaba que merecía un posto maior por os seus estudos e a sua lonxevidade en ese traballo e vía que ascendían a moita xente menos a el, enton un día puxoxe a navegar por internet e viu un anuncio de unha meiga que decía que era capaz de cambiarche a vida pero tiñas que pagarlle unha cantidade de diñeiro importante, entono puxoxe a investigar sobre ese tema e empezouno a pensar moito e o falou con seus seres queridos e estes no estavan moi de acordo pero el creía que ia a ser o mellor, enton un día pola tarde foi onde a meiga e pagoulle esa cantidade de diñeiro a meiga advertiulle que ia a estar contento polo seu ascenso no traballo perp podía cambiar moito a personalidade fora do traballo e podía cambiar a ser unha persoa infeliz, el estaba tan ozecado co ascenso que deulle igual eso e non o parou a pensar e aceptou.
Ao acabar o echizo a meiga díxolle que cando despertara todo cambiaría e así foi ao chegar ao traballo o ascenderon e el estaba moi contento polo seu posto, pero ao chagar a casa non era o mesmo cambiaran moitas cousas pero el estaba tan contento polo ascenso que non lle deu importancia, pasaban os día e no traballo ia expectacular pero na casa non ia tan ben enton desuse conta que non merecía a pena e foi a meiga a ver si podía desfacer o echizo e a miega dixolle que non que ela o advertira e aceptou e tiña que vivir toda a vida así o home suplicoulle pero a meiga no aceptaba e o home tivo que estar toda a sua vida así.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 2
A subida ao inferno
Xan era un home normal cun posto de traballo normal, non era o peor pero tampoco o mellor, pero el sempre quería mais e dáballe igual pisar aos demais , eso facialle gañar moitos inimigos.
Un día no seu traballo fixeron un concurso de decoración de interiores e quen fora o mellor decorador iase convertir no xefe do departamento de inmobiliaria, un posto moi prestixioso para calquera xa que era o posto por debaixo do xefe da empresa; todo o mundo participaba incluido el, fixo moitas cousas malas, como mentir do día da entrega, estropear traballos incluso robar materiais.
O día da presentación encontrarono morto na sua habitación decorada cun cartel que poñía “Xa non volveras a estropear traballos”.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 1
Hoxe penso en ser o home co Guinness World Records de ir o máis alto posible cun foguete. Xa está toda a miña familia véndome, dende as gradas do campo de fútbol da miña vila. E eu, ben equipado e rezando para que todo saia ben; que non haxa ningunha explosión antes do previsto, ningún ferido nin morto, nin ningunha traxedia sen ningunha excepción e por soposto ser o mellor. En principio toda a xente que vivía na vila estaba dándome ánimos pero... o foguete despegou antes de tempo e levoume ao ceo onde podía ver a vila coma se fose un formigueiro e vendo como a miña familia iba detrás dun home encapuchado cun chisqueiro na man.
luns, 23 de marzo de 2020
1º GAÑADOR DO CONCURSO DE MICROCONTOS "DESDE A CASA"
O MICROCONTO GAÑADOR DA 1ª VOTACIÓN FOI O... 16
AUTOR: ALEXO MUÍÑA PONTE.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Isto me repetía mentras me acercaba con paso nervioso ao restaurante.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Seguía con esta actitude aínda co comportamento estrano da chica.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Pensaba para min cando lle caeu unha corda do bolso.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.Repetía e repetía cando me despertei no maleteiro do seu coche.
AGORA HAI OUTRO PREMIO. AO ALUMNO/A QUE MELLOR CORRIXA. TEDES QUE ENVIARME OS ERROS LINGÜÍSTICOS QUE TEN O MICROCONTO. O ALUMNO/A QUE MÁIS ATOPE, SERÁ O MELLOR CORRECTOR. TAMÉN PODE PARTICIPAR O AUTOR DO RELATO (AO MELLOR NON TEN ERROS... QUEN SABE!!!)
LEMBRADE QUE XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO 2º MICROCONTO, FEITO A PARTIR DA IMAXE QUE VOS ENVIEI NO CORREO ANTERIOR, "A SUBIDA".
O PRAZO PARA PARTICIPAR NESTE SEGUNDO MICROCONTO REMATA O MÉRCORES ÁS 24:00 HORAS.

domingo, 22 de marzo de 2020
AS GUERRAS DO SÉCULO XX NO CINE 43
https://www.canva.com/design/DADy2513tQM/XukxMTxVWGOocv_cLETxeQ/view?utm_content=DADy2513tQM&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=sharebutton
venres, 20 de marzo de 2020
xoves, 19 de marzo de 2020
"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA" 16
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Isto me repetía mentras me acercaba con paso nervioso ao restaurante.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Seguía con esta actitude aínda co comportamento estrano da chica.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Pensaba para min cando lle caeu unha corda do bolso.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.Repetía e repetía cando me despertei no maleteiro do seu coche.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Seguía con esta actitude aínda co comportamento estrano da chica.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Pensaba para min cando lle caeu unha corda do bolso.
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.Repetía e repetía cando me despertei no maleteiro do seu coche.
"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA" 15
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal ; saín cun home que me invitou a tomar o café. Logo de conversar un anaco sen rematar o café, preguntoume se quería ir con el ao hotel que quedaba á volta da esquina. Foi a peor cita; eu non quería que saíse mal, pero non me quedou outro remedio que saír correndo. Nin o café logrei rematar! Ao saír correndo choquei cun home descoñecido, pero parecía boa xente; viu que estaba nerviosa e preguntoume que pasara . Ao final fun tomar con el un café. Foi unha cita e foi perfecta e desta vez rematei o café.
mércores, 18 de marzo de 2020
“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA” 14
ERA A NOSA PRIMEIRA CITA E NADA PODÍA SAÍR MAL.
O sábado era o día da cita, marchei moi emocionada cara a parada do bus, o semáforo estaba vermello e perdín o bus, polo que tiven que esperar ao seguinte, que pasaría unha hora e media máis tarde, conteillo ao rapaz e díxome que xa non valía a pena que o collera porque el ía ter que voltar pra casa media hora despóis de que eu chegara. Pensei que se caía o mundo enrriba, foi o peor día da miña vida.

“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA” 13
Que nervios. A miña primeira cita a cegas. Levaba días preparándome, escollendo o vestido, os complementos, o peiteado… Nada demasiado chamativo, nin aburrido, nin desesperado. Por fin chegou o día. Aparquei preto da cafetería e camiñei tentando afastar os medos e o nerviosismo. Pensaba en que xa o coñecía; no ultimo mes votamos horas e horas falando de nos, das nosas vidas, inquedanzas e ilusións. Pareime xusto na beirarrúa fronte a cafetería. Case podía velo sentado na mesa á veira da fiestra. Só tiña que cruzar, só uns pasos e…..
MAMÁ DESPERTA!!! Tes que me levar ao instituto!!!

"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA" 12
"Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal"
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal, entón cheguei cinco minutos antes da hora que quedaramos, non podía fallar, unha vez que chegou saliume unha risa tonta, e miroume un pouco raro..polo que pensei que xa se torceran as cousas, pero foi unha falsa alarma xa que unha vez que empezamos a conversar vimos como coincidiamos en moitos gustos, e dende ahí comenzamos a seguir quedando ata o día de hoxe.. puidemos ver que o da risa tonta solo quedou como unha simple anécdota..

"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA" 11
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.
Xa acabara o instituto e facía outro ano máis que non conseguira captar a atención do meu amor platónico do penúltimo curso,Fer.Pero eu xa non tiña moitas esperanzas,por iso empezara a falar por internet con outro mozo dende facía 5 meses.En tan pouco tempo tamén me gustaba moito e coñeciámonos bastante ben,por iso decidimos quedar nun parque e facer un picnic mirando as estrelas do atardecer.
El doume todas as indicacións para saber onde estaba.Cando cheguei estaba nerviosa,vin por atrás un mozo alto,moreno e de pelo rizo. Cando nos vimos de frente non o podía crer,era Fer!

“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA” 10
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.
Aquel día fora moi importante para min. Coñecera unha persoa. Ela perdera o seu can na rúa e eu atoparao. Chameina ao móvil que había nos carteis de "SE BUSCA" e quedaramos ao día seguinte para que lle devolvese a Chusco.
A cafetería estaba case baleira. O camareiro serviume un café solo e púxenme a esperar por ela. Mentres agardaba mirei ao redor e fixeime nos outros clientes, mirei para as botellas, lin o periódico, falei polo whatsapp...
Estes últimos oito foron moi felices xunto a...Chusco, porque ela nunca apareceu.

“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA” 9
Era a nosa primeira cita, nada podia salir mal, a noite perfecta, no lugar perfecto coa persoa perfecta, pero tivo que aparecer el, para fastidialo todo, era o día maís importante da miña vida pero conseguironmo fastidiar, ese ser rastrero, invisible e que é máis poderoso que ninguén. Xusto o día da cita, declarase un estado de alarma por esa enfermidade creada na China. O Covid-19.
"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA" 8
ERA A NOSA PRIMEIRA CITA E NADA PODÍA SAÍR MAL
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal, si, era a nosa primeira cita e eu esperaba que nada saíse mal, porque se esto ocurría fracasaría con esa rapaza, e era unha rapaza moi mona, calquera querería estar con ela e máis con eses fermosos ollos, un de cada cor, un azul e outro verde, eran moi bonitos. Agora estou esperando a que chegue, quedamos ás nove e son as oito menos cinco, a ver cómo sale.

"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA" 7
Era a nosa primeira cita e nada podia sair mal, pensaba eu pola terceira vez no dia.
Ela fala, o café arrefríase, os ollos ámbar buscan interese no meu sorriso, entón ela se levanta e marcha, levando consigo o meu desexo.
Suspiro, o café frío, como a sua ultima mirada.
Era a nosa primeira cita e nada podia sair mal, agás a nosa cita.

martes, 17 de marzo de 2020
“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA...” 6
“ Era a nosa primeira e nada podía saír mal”. Samuel chamoume á noite e preguntoume que se tiña que facer algo mañá a noite eu dixenlle que non tiña plans feitos. Quedamos as 10 na Praza de María Pita para ir cear, eu cando me estaba a preparar estaba moi nerviosa porque era a nosa primeira cita xuntos e non podía acabar mal xa que ese rapaz gustabame.
Cando cheguei a onde el deume a risa tonta da primeira vez e nada puido saír mellor ese día.

“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA...” 5
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Onte quería propoñerlle se quería saír comigo pola tarde. Ela sen dúbida díxome que sí, pero se lle veía pouco emocionada. Ao chegar a tarde non daba vido, abrín o WhatsApp e pregunteille onde iba, pero só me deixou en visto. Tan dubidoso en saber que lle pasaba, fun á súa casa a ver como estaba. Cando cheguei toquei o timbre e abriume a súa nai. Cando entrei chegoume un WhatsApp dicindome que me estaba esperando no parque. E estivemos charlando toda a tarde, especialmente o avance do COVID-19 (coronavirus) e foi a cita perfecta excepto pola movida que tiven que facer.
“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA...”. 4
“ ERA A NOSA PRIMEIRA CITA E NADA PODÍA SAÍR MAL”
Érase unha vez eu estaba no parque de Carral sentada nun banco vello ao lado do concello.
Pasaran dez minutos e estaba aburrida sentada no mesmo banco, de repente un neno moi guapiño que estaba paseando polo campo da feira ía so.
El ía en dirección onde estaba eu e cando achegouse a min eu recibino e díxenlle que se sentara ao meu carón. Comezamos a falar tanquilamente cando eran as nove da noite eu tiña que volver para casa e el tamén.
Ambos vivíamos na mesma vila pero un pouco afastados un do outro, eso non era un problema para nos. Ao día seguinte quedáramos no memo lugar.
Estivemos falando e despois fumos a cenar ao Lareiras, ese dia foi o mellor de todo xa que el pidiume salir e eu díxenlle que si.
Durante esos días eu sempre quedaba con el e el conmigo e sempre sentábamos no noso banco, o banco onde nos coñecios.

"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA..." 3
“Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal. Susana dixérame que viña comigo ao cine. Confirmei polo guasap que quedabamos no Marineda. Antes de saír da casa, puxen as deportivas que mellor recordo me traían. Susana viumas o martes pasado; esas Nike estivera a pique de compralas en Amazon, dixo que eran moi chulas. Nunca antes se fixara en min. Baixei do autobús na estación e collín o 5 para Marineda. Vina diante da taquilla. O sorriso que puxen borrouse ao oír pola megafonía: “desaloxen o centro comercial. Estado de alarma, volvan todos para as súas casas”.
"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA..." 2
“Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal”
Ola! Bó día, vouvos contar un microconto dunha anécdota que me contou unha rapaza que lle pasará unhas horas antes de quedar co seu mozo. Ela díxome: estou moi nerviosa porque hoxe vou quedar na praia con ese rapaz que se chama Xoán que é rubio de ollos azuis que é tan guapo. Estou desexando que cheguen as 17:00 pra ir velo porque hoxe e a nosa primeira cita e nada podía saír mal non vaia ser que despois me rechaze.
"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA..." 1
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.
Levaba como dous meses ansiosa por velo, cada día que pasaba poñíame máis nerviosa
xa que, nunca o vira en persoa e só podía comunicarme con él a través do internet. Ao falar con él, sentíame unha persoa moi especial e todo o meu mundo xiraba no seu entorno. Extrañábame moito que sempre me pedía fotos miñas, sen embargo nunca conseguín unha del.
Chegado o día, sobre as 5:30h da tarde, eu quedara con él na cafetería que está diante do parque. Estiven a agardar a que viñera. O tempo pasaba e a min facíaseme eterno cada minuto da espera. De súpeto, un home de uns 55 anos sentouse ao meu carón e dirixiuse a min polo meu nome. Nese instante, quedei paralizada, o corazón íbame a mil… Decateime de que estiven tanto tempo enganada.
Non volverei a cometer o mesmo erro de falar con xente descoñecida.

luns, 16 de marzo de 2020
"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA E NADA PODÍA SAÍR MAL..."
1º CONCURSO DE MICROCONTOS "DESDE A NOSA CASA"
BASES DO CONCURSO:
- Os microcontos estarán escritos en galego.
- O microconto non pode ter máis de 100 palabras. (Só 1 microconto por persoa e por tema)
- Poden participar os papás e mamás (pero non lles puntúa para a nota)
- Tedes que envíalo ao gmail divercarral@gmail.com
- Eu publicareinos con pseudónimo para que os demais alumnos non saiban de quen son.
- Escollerei os 3 que máis me gusten cada 3 días. O 4º día votarán os alumnos e sairá un gañador/a.
- Haberá outro gañador/a: aquel alumno/a que descubra máis erros lingüísticos nos microcontos e que os indique nos comentarios aos microcontos (neses comentarios porá o seu nome porque non se publicarán, posto que eu non os vou autorizar e así tampouco vos sentiredes criticados porque vos corrixan os erros).
- Como premio terá… falarémolo á volta.
1º MICROCONTO (Podedes enviarmo ao correo até o 18 de marzo ás 24:00 horas da noite)
TÍTULO : "Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal"

TELEGALEGO 2020
16 DE MARZO DE 2020
1º DÍA SEN ALUMNADO
Bo día, rapazas e rapaces do IES DE CARRAL!
Xa me tarda vernos polo instituto de novo. Agardemos que sexa unha interrupción breve das aulas e que todo se resolva o antes posible. Así que aínda que non está en galego a canción nin os subtítulos, vou empezar poñéndovos un fermoso vídeo que nos convida a sermos optimistas. Podedes velo cando vexades que a algún lle decae o ánimo: amiga, familiar, compañeira... Porque aínda que non o creades, “XA CHEGA O SOL”:

2º ESO ACTIVIDADES DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS
ACTIVIDADES LINGUA E LITERATURA GALEGA 2º ESO
En primeiro lugar quero darvos uns avisos en relación co funcionamento das actividades:
- Seguirei a usar o gmail e o drive para avisarvos das actividades.
- Tamén as colgarei no blog Carralingua para aquel alumnado que non teña correo. Clicade sobre a etiqueta 2º da ESO.
- En próximos días, enviareivos as notas do 2º parcial e tamén mandarei actividades de reforzo da nota.
- Ademais, podedes acabar o voso traballo dos nomes propios en casa, ben en grupo mediante o Drive e compartindo outras aplicación, ben individualmente os que o prefirades. Máis adiante poremos en común o que fagades.
- Igualmente, irei propoñendo diferentes actividades, principalmente lecturas, redaccións e algún que outro xogo.
- En breve, teredes a primeira publicación no blog Carralingua despois desta.
- De algún alumnado non teño correo polo que agradecería que, se podedes, fagades chegar este aviso a toda a clase, por se alguén mo quere comunicar.

4ºESO ACTIVIDADES DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS
ACTIVIDADES LINGUA E LITERATURA GALEGA 4º ESO
En primeiro lugar quero darvos uns avisos en relación co funcionamento das actividades:
- Seguirei a usar o gmail e o drive para avisarvos das actividades.
- Tamén as colgarei no blog Carralingua para aquel alumnado que non teña correo. Clicade sobre a etiqueta 4º da ESO ou Guerras.
- En próximos días, enviareivos as notas do 2º parcial e tamén mandarei actividades de reforzo da nota.
- Ademais, compartirei o proxecto “A viaxe sen retorno”. Iremos variando os diálogos a proposta vosa e poderedes irme dicindo en que viñetas ou que papeis da obra vos gustaría facer. Igualmente, os que non queirades saír nas estampas nin facer papel ningún podedes comentarmo.
- Igualmente irei propoñendo diferentes actividades, principalmente lecturas, redaccións e algún que outro xogo.
- En breve, teredes a primeira publicación no blog Carralingua despois desta.
ANXO

sábado, 7 de marzo de 2020
martes, 3 de marzo de 2020
luns, 2 de marzo de 2020
sábado, 29 de febreiro de 2020
venres, 28 de febreiro de 2020
COMO REALIZAR PANEL PARA EXPOSICIÓN
PANEL EXPOSICIÓN NOMES PROPIOS
1º- BUSCA INFORMACIÓN SOBRE O TEMA
2º PENSA NO PÚBLICO LECTOR
3º SELECCIONA AQUELA INFORMACIÓN QUE CONSIDERES MÁIS INTERESANTE E ATRACTIVA
4º PROCURA IMAXES LIBRES DE DEREITOS OU DESEÑA AS TÚAS IMAXES PARA ACOMPAÑAR A INFORMACIÓN
5º PENSA O DESEÑO DO PANEL: LIÑA DO TEMPO, CAMIÑO, TEN ALGUNHA GRÁFICA...
6º REDACTA A INFORMACIÓN E PONLLE AS IMAXES MEDIANTE UNHA APLICACIÓN ATRACTIVA: GENIALLY, CANVA...
IDEAS PANEL FÍSICO
PROCURA EXEMPLOS DE EXPOSICIÓNS
luns, 27 de xaneiro de 2020
Comparte información no seguinte documento
Documento sobre os nomes propios:
https://docs.google.com/document/d/12YSRqO1rmboHI2sHriQB5YLdPstgodiBReYIL7FR9UQ/edit?usp=sharing

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)