ACTIVIDADES LINGUA E LITERATURA GALEGA 2º ESO
En primeiro lugar quero darvos uns avisos en relación co funcionamento das actividades:
- Seguirei a usar o gmail e o drive para avisarvos das actividades.
- Tamén as colgarei no blog Carralingua para aquel alumnado que non teña correo. Clicade sobre a etiqueta 2º da ESO.
- En próximos días, enviareivos as notas do 2º parcial e tamén mandarei actividades de reforzo da nota.
- Ademais, podedes acabar o voso traballo dos nomes propios en casa, ben en grupo mediante o Drive e compartindo outras aplicación, ben individualmente os que o prefirades. Máis adiante poremos en común o que fagades.
- Igualmente, irei propoñendo diferentes actividades, principalmente lecturas, redaccións e algún que outro xogo.
- En breve, teredes a primeira publicación no blog Carralingua despois desta.
- De algún alumnado non teño correo polo que agradecería que, se podedes, fagades chegar este aviso a toda a clase, por se alguén mo quere comunicar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario