Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
xoves, 14 de decembro de 2017
ALUMNADO IES DE CARRAL. CUESTIONARIO SOBRE O USO DO GALEGO 2017/18
A continuación ímosche poñer un enlace a un cuestionario. É anónimo; simplemente é para sabermos o uso que se fai do galego pola comunidade educativa do IES DE CARRAL. Unha vez cuberto, dáslle a enviar. Grazas pola túa colaboración! Agora só tes que premer na frase de abaixo:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdlTwaYKfYusEZL41s0LkXorRO2Vdw5lX3PKJAWWEbegfkFjQ/viewform?usp=sf_link
xoves, 26 de outubro de 2017
RETRATO ROBOT: A VIDA EN GALICIA NO XIX
ALUMNADO DE 3º DA ESO: SCI
Ides comezar unha investigación sobre a vida en Galicia no s.XIX. Trataremos de saber como vivían os nosos antepasados. Imos dividir a sociedade en varios campos sobre os que teredes que traballar. O produto final debe ser unha presentación con imaxes a comentar. Estas imaxes subirédelas a un álbum de PINTEREST con comentarios sobre as mesmas. Debedes indicar sempre de onde procede a información e tamén a imaxe.
Estes son os apartados que imos investigar:
- A INDUMENTARIA
- A ALIMENTACIÓN
- A LINGUA
- A VIDA NO FOGAR
- A HIXIENE
- A ESCOLA
- O NOIVADO E O AMOR
- O MATRIMONIO
- A VELLEZ
- A FAMILIA
- OS TIPOS DE VIVENDAS
- AS CLASES SOCIAIS
- OS OFICIOS
- O TEMPO DE LECER
- OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
- PERSOAS FAMOSAS
- OS ESCRITORES/AS
- A EMIGRACIÓN
- OS OBXECTOS COTIÁS
venres, 29 de setembro de 2017
LIBROS DE LECTURA 2º ESO CURSO 2017/18
https://docs.google.com/presentation/d/1FNWO41_zaIjO4UZFDUEv2feIL0K7Kvdo0iEkSQpUKcI/edit?usp=sharing
domingo, 19 de febreiro de 2017
Libros de lectura 3ºESO. Curso 2018/19
Estes son, polo momento, os libros de lectura para 3º da ESO neste curso.
CASTELAO, Os vellos non deben de namorarse
J. MAURO DE VASCONCELOS, A miña planta de laranxa lima
MARÍA REIMÓNDEZ, Fóra do normal
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, O único que queda é o amor
LEDICIA COSTAS, O corazón de Xúpiter
FRAN ALONSO, Cartas de amor
ROSA ANEIROS, Ámote Leo
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
