Isto aconteceu un día que fun ao parque cos meus pais. Ese mesmo día
encontrei un anaco de tea con manchas de sangue. Estaba tan nervioso que fun avisar o primeiro persoal do parque que vira,
pero o que me fixo latexar aínda máis o corazón ,foi que a xente andaba
correndo e gritando, saíndo pola porta de emerxencia do parque. Case me dá un
ataque de pánico!, Despois notei que alguén me tocou nas costas, miro e... Era
unha tarántula! Só pasaron uns segundos ata que veu un señor correndo que
preguntaba: "ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA?". Inmediatamente
entregueille a tarántula nun golpe, pero sigo pensando que pasou co anaco de tea...
Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso de microcontos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso de microcontos b>. Amosar todas as publicacións
martes, 21 de abril de 2020
xoves, 16 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "TARÁNTULA" 1
O monstro do colexio.
Hoxe é día de festa no colexio, xa que é o ultimo día do curso. Todos o estaban pasando ben, ata que se empezaron a escoitar gritos en diversas partes do patio. Algúns dicían ver unha araña, outros un monstro, e había quen o chamaba cousa peluda. Ante tanto alboroto, unha profesora acode ao patio e atópase unha tarántula. Nada máis vela acórdase dun alumno. Cóllea con coidado e chama o alumno para clase.
Cando entra, pregúntalle se perdeu algo, mostrando o animal. Ao que el contesta: ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA? A profesora preguntoulle que por que estaba no centro. Entón, el aclarou: esta mañá, mentres lle daba a súa comida, escapouse e debeuse meter na miña mochila.

domingo, 5 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 10
Onte pola noite, cando ía durmir, escoitei un ruído moi forte, parecía vir do salón. Cando fun ver que acontecía, detectei unha sombra movéndose ao meu carón. Ao chegar ao salón, un berro moi forte chamou a miña atención. Viña do soto, non me atrevía a baixar, a saber que me podía atopar! Rapidamente corrín cara a miña habitación, pechei con chave e púxenme a durmir. Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
venres, 3 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 9
Eran as 2 da mañá e aínda acababa de chegar a casa, así que decidín ir cear, xa que tiña moita fame. De alí a un anaco, comecei a escoitar sons raros na segunda planta. Ao comezo non lle dei importancia, pero como os sons seguían... Subín a ver que acontecía, pero alí non había nada de nada.
Cando volvín á cociña vin a porta medio aberta. Eu xuraría que a deixara pechada. Deime a volta e vin unha sombra e desmaieime.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
Cando volvín á cociña vin a porta medio aberta. Eu xuraría que a deixara pechada. Deime a volta e vin unha sombra e desmaieime.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 8
Onte, xusto quedai vendo unha película chamada “A casa de cera”. Foi unha das películas que máis medo me deu das moitas que vin. Polo medio dela, escoitei un ruído, pero non lle prestei moita atención xa que me ocorre bastante a mIúdo Cando rematou a película, acendín todas as luces. Si, son así de asustadiza. Despois fun para cama e escoitei un ruído, era como o son dunha cámara ou un móbil. A verdade é que tardei en durmir, pero fíxeno.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo.Vivo soa.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo.Vivo soa.
xoves, 2 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "Vivo soa" 7
Estaba na miña casa soa lendo un libro moi interesante cando, de repente, soou o meu móbil. Era miña nai que me preguntaba que tal estaba. Falei un pouco con ela e seguín lendo o meu libro .
Máis tarde escoitábase rañar na porta do estudio; era o meu can Uxío e deixeino pasar. Deille de comer, ceei eu e volvín enfrascarme no libro. De alí a un poco fun para a cama e quedei durmida.
E esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa

CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 6
Despois de que o meu compañeiro de piso marachara do país intentei atopar a toda présa un novo, xa que non me agradaba quedar soa na casa; pero esas noites que foi inevitable que estivbera soa sentín cousas estrañas: a miña cadela ladraba sempre á mesma hora; eu non vía nada, pero si que escoitaba, non lle dei importancia, pero para sentirme máis segura fun comprar unha cámara para instalar na entrada da casa. Esa noite escoitei claramente alguén rindo e como rompía a cámara que instalara. O peor ocorreu á mañá seguinte. Non mo cría. Fun á comisaría contar a historia. Non me tomaban en serio, pero notei como lle cambiaba a cara ao policía cando lle dixen: Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
mércores, 1 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 5
Na miña casa,moi lonxe da miña familia, preto do antigo xulgado que agora está pechado e moi vello, escoitábanse sempre ruídos pola noite, pero eu tomeino como algo normal. A miña casa só ten unha habitación (situada ao lado da porta de entrada). Sempre tiña pesadelos co mesmo, todo estaba relacionado cun móbil. Decidín pasar diso, aínda que penso que alguén me vixía nalgún momento do día. Un día de moita néboa o móbil non me ía ben, así que decidín cargalo e ir durmir un par de horas. Entón esa mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 4
Onte foi unha noite moi entretida e moi divertida, aínda que non me lembro de..como foi o final da noite. Do que me acordo é que despois de levar bastante tempo na discoteca, empezei a falar cun mozo e este sacoume a bailar; despois empezei a falar con el. A conversa durou bastante e do último que me lembro foi do bico que nos demos alí, pero non me lembro de nada máis. Aínda que esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 3
Hoxe tiven un mal día, espertei, mirei o reloxo e xa eran as 11:00!. Aínda tiña que facer os traballos da escola, os proxectos, os deberes, ler os libros que me mandaron os profes de lingua... Buf! Cando rematei mirei outra vez ao reloxo e vin que eran ás 22:00! Lavei os dentes, puxen o pixama e fun directo para a cama. Non daba durmido porque bebín moito café, pero conseguino, bebendo dous tragos de leite quente. Dúas horas máis tarde esperteime oíndo unhos ruídos e esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 2
Antonte pola tarde, cheguei á casa moi cansa do traballo. Ducheime, limpei un pouco a casa, fixen a cea e despois púxenme a ver un pouco a televisión.
Xa eran as once da noite e decidín ir para cama; xusto nese intre chamoume miña nai para preguntar que tal o día e todo iso que soe dicir unha nai. Cando rematamos de falar deixei o móbil na mesilla de noite e púxenme a durmir. Á mañá seguinte levanteime como todos os días ás oito da mañá e fun almorzar.
Estaba almorzando cando entrei na galería do móbil e vin unha foto miña durmindo. Vivo soa.

martes, 31 de marzo de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 1
Nunca me pasara algo así. Sempre vin películas de medo antes de durmir sen problemas.
Pero esta noite foi diferente.
Ao principio pensei que os ruidos eran só imaxinación mia. Os pasos que resoaban polo meu cuarto tamén o parecían. O asasino non ía vir por min.
A respiración ao lado da miña orella, caendo sobre a miña pel non podía ser unha simple xogada da miña mente.
Pero ao levantar a cabeza da almofada soamente vin a escuridade tenuemente rota pola luz da lúa, sen nada fora de lugar nela.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
Pero esta noite foi diferente.
Ao principio pensei que os ruidos eran só imaxinación mia. Os pasos que resoaban polo meu cuarto tamén o parecían. O asasino non ía vir por min.
A respiración ao lado da miña orella, caendo sobre a miña pel non podía ser unha simple xogada da miña mente.
Pero ao levantar a cabeza da almofada soamente vin a escuridade tenuemente rota pola luz da lúa, sen nada fora de lugar nela.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
mércores, 25 de marzo de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 10
Estaba a punto de comezar a gran subida á montaña,o que gañara esa competición sería o que desfrutaría da gran recompensa,e alí estaba eu,entre milleiros de persoas animando ao meu gran amigo da infancia,Alberto e eu éramos inseparables,43,.Esta competición era moi importante para el,levaba adestrando meses e meses,concretamente dez meses,tres semanas e seis días,estaba seguro de que el era capaz de gañar,pasara o que pasara eu estaría moi orgulloso de Alberto e de todo o tempo que gastou en prepararse,se gañaba sería algo xenial,vamos Alberto!
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 9
A GRAN AVENTURA DE XOÁN
Xoán era un neno ao que lle gustaban moito os foguetes ,desde moi pequeno facía foguetes de xoguete e xogaba a que era un astronauta e viaxaba á lúa.Cando tiña once anos fixo un prototipo de foguete que chegou ata o tellado da sua casa e rompeu un pedazo de tellado. Os seus pais berráronlle, pero el seguía coas súas trasnadas.Foron pasando os anos e Xoán converteuse nun gran experto dos foguetes ,e fabricou un co que puido chegar ata a Lúa, o que sempre desexara de pequeno cumpríuselle e fíxose famoso.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 8
A Subida
Alberto era un importante médico que dispoñia en xeral de moi poco tempo na súa vida. El tiña unha Muller e dous fillos. A muller e seus fillos reclamaban atención. Esta situación iniciouse pola chegada dos coronavirus xa que lugares como Madrid, onde vivían, necesitaban da axuda do maior número de sanitarios posibles. Neste intre ,Alberto deuse conta xunto con outros moitos compañeiros que debían esforzarse moito e subir o seu afán de traballo. Deles dependía que esta enfermidade disminuira. Con isto a súa familia entendeu o lugar onde debía estar.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 7
A subida á casa da avoa.
Unha familia que vivía na Coruña tiña un piso ao carón do mar pero, tiñan unha excepción e era a súa avoa. Ela vivía nuha montaña moi empinada. Case non había rúas nin camiños e os que había eran moi empinados. Como costaba bastante chegar á cima que era onde se atopaba a súa casa, quería inventar unha maneira de poder subir se case esforzo. Ao principio pensou nunha especie de ascensor pero ao final fixo unha cadeira cuns foguetes para subir á casa e unha tirolina para descender. Unha idea moi divertida.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 6
"Os accidentes son imprevisibles". Manolo sempre nolo dicía: "estade atentos e non vos desconcentrar".
Cando un de nós entraba a traballar sen o "obrigatorio" casco, alí estaba Manolo para botarlle a bronca. Se algunha vez estabas fumando un cigarro e sacabas as luvas, tiñas que escoitar a Manolo lembrándoche que era "obrigatorio" usalas.
Manolo era moi pesado.
Cal non sería o noso abraio cando a policía díxonos que non podiamos entrar á obra porque ocorrera un accidente.
Manolo morrera por caer do andamio cando subía moi rápido sen usar o "obrigatorio" arnés de seguridade.
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 5
Roberto era un home aficionado á enxeñaría aeronáutica.Ademais,encantáballe viaxar nos avións e ver diferentes lugares dende arriba, disfrutando de todas as vistas.Por iso,un día decidíu fabricar unhas ás.Estivo horas,días,semanas poñendo pezas,inventando mecanismos...Cando por fin rematou o seu proxecto despois de tanto tempo, quería probalo canto antes.Entón,subiuse ao seu tellado e tirouse abaixo coa esperanza de que o levara arriba de novo.Pero isto non sucedeu,e este home quedou coxo para o resto da vida.
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 4
A subida ao traballo
Era un día como tantos outros e a Roi dáballe moita pereza subir ata o décimo piso para ir a o seu traballo, xa que o ascensor está sempre cheo porque é hora punta. Así que, comezou a pensar en como podía chegar ó traballo o máis rápido posible. Isto deu lugar a varias ideas erróneas, pero un día percatouse de que o mellor sería empregar un cohete para ir voando ata o seu destino.

martes, 24 de marzo de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA 3"
Este conto comeza nunha pequena vila de Coruña. Era un home que sempre estaba contento pero a hora de ir ao traballo iba moi insatisfeito xa que el pensaba que merecía un posto maior por os seus estudos e a sua lonxevidade en ese traballo e vía que ascendían a moita xente menos a el, enton un día puxoxe a navegar por internet e viu un anuncio de unha meiga que decía que era capaz de cambiarche a vida pero tiñas que pagarlle unha cantidade de diñeiro importante, entono puxoxe a investigar sobre ese tema e empezouno a pensar moito e o falou con seus seres queridos e estes no estavan moi de acordo pero el creía que ia a ser o mellor, enton un día pola tarde foi onde a meiga e pagoulle esa cantidade de diñeiro a meiga advertiulle que ia a estar contento polo seu ascenso no traballo perp podía cambiar moito a personalidade fora do traballo e podía cambiar a ser unha persoa infeliz, el estaba tan ozecado co ascenso que deulle igual eso e non o parou a pensar e aceptou.
Ao acabar o echizo a meiga díxolle que cando despertara todo cambiaría e así foi ao chegar ao traballo o ascenderon e el estaba moi contento polo seu posto, pero ao chagar a casa non era o mesmo cambiaran moitas cousas pero el estaba tan contento polo ascenso que non lle deu importancia, pasaban os día e no traballo ia expectacular pero na casa non ia tan ben enton desuse conta que non merecía a pena e foi a meiga a ver si podía desfacer o echizo e a miega dixolle que non que ela o advertira e aceptou e tiña que vivir toda a vida así o home suplicoulle pero a meiga no aceptaba e o home tivo que estar toda a sua vida así.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)