Eran as 2 da mañá e aínda acababa de chegar a casa, así que decidín ir cear, xa que tiña moita fame. De alí a un anaco, comecei a escoitar sons raros na segunda planta. Ao comezo non lle dei importancia, pero como os sons seguían... Subín a ver que acontecía, pero alí non había nada de nada.
Cando volvín á cociña vin a porta medio aberta. Eu xuraría que a deixara pechada. Deime a volta e vin unha sombra e desmaieime.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario