PÁXINAS

xoves, 16 de abril de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS, "TARÁNTULA" 1

O monstro do colexio.
Hoxe é día de festa no colexio, xa que é o ultimo día do curso. Todos o estaban pasando ben, ata que se empezaron a escoitar gritos en diversas partes do patio. Algúns dicían ver unha araña, outros un monstro, e había quen o chamaba cousa peluda. Ante tanto alboroto, unha profesora acode ao patio e atópase unha tarántula. Nada máis vela acórdase dun alumno. Cóllea con coidado e chama o alumno para clase.
Cando entra, pregúntalle se perdeu algo, mostrando o animal. Ao que el contesta: ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA? A profesora preguntoulle que por que estaba no centro. Entón, el aclarou: esta mañá, mentres lle daba a súa comida, escapouse e debeuse meter na miña mochila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario