Isto aconteceu un día que fun ao parque cos meus pais. Ese mesmo día
encontrei un anaco de tea con manchas de sangue. Estaba tan nervioso que fun avisar o primeiro persoal do parque que vira,
pero o que me fixo latexar aínda máis o corazón ,foi que a xente andaba
correndo e gritando, saíndo pola porta de emerxencia do parque. Case me dá un
ataque de pánico!, Despois notei que alguén me tocou nas costas, miro e... Era
unha tarántula! Só pasaron uns segundos ata que veu un señor correndo que
preguntaba: "ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA?". Inmediatamente
entregueille a tarántula nun golpe, pero sigo pensando que pasou co anaco de tea...
Ningún comentario:
Publicar un comentario