Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
luns, 21 de outubro de 2019
Poñemos música ao Pan Comido
O Pan Comido é un xogo que se creou no IES de Carral. Este ano ímolo seguir completando. Unha das probas consiste en completar a letra de cancións tradicionais galegas. Imos buscar vídeos que acompañen estas letras. Unha vez que atopes, envíasnos o enlace como comentario Anónimo.
As cancións das preguntas están no seguinte enlace:
https://docs.google.com/presentation/d/1Dh3rawrUsK7ZENvTsGsxFDVYSb5Q6JtEgci0sXNF3Fk/edit?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1DSvYIOtXhhdzYHXJY5e69LvzueJ1bwW6/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1ppfvt_Uy6e7hjPpRAlQgptu_J_W1b0RM/view?usp=sharing
domingo, 20 de outubro de 2019
Porque temos nomes propios
Ola, rapazada de 2º. Hoxe tedes que cubrir o seguinte formulario. Cando acabes dálle a enviar,
luns, 7 de outubro de 2019
Os antropónimos de Galicia
Hoxe quero ver como nos movermos na rede. Así que vou poñer un pequeno traballiño.
Quero que busquedes na rede e que enviedes os enlaces de webs que:
Traten o tema dos nomes propios de persoa en Galicia
Tamén os nosos apelidos
E xa con nota… que me digades cales son os 5 apelidos máis habituais en Galicia e en Carral!!
E tamén os 5 nomes de muller e de home máis frecuentes en Galicia e en Carral.
Podedes envialos no apartado, “Comentarios” a esta entrada do blog. (Imaxe de La Voz de Galicia)
mércores, 2 de outubro de 2019
Libros de lectura 2º ESO, curso 2018/19
Esta é a primeira actividade na Aula de Informática; tedes que aportar información sobre os libros de lectura para este curso.
En primeiro lugar indicaredes como fixestes para obter a información e o recurso que aportades; en segundo lugar, engadiredes o recurso no apartado "Comentarios" a esta entrada. A seguir déixovos a relación de autores e obras de lectura:
Xelís de Toro, A porta dourada
Antonio García Teijeiro, Lendo lendas, digo versos
Elena Gallego Abad, Dragal I, A herdanza do dragón
Xosé Miranda, Pel de lobo
Ledicia Costas, Recinto Gris
Agustín Fernández Paz, Aire negro
Jack London, A chamada da selva
Rudyard Kipling, O libro da selva
Tucho Calvo, O xabaril branco
Pere Tobaruela, Viaxes dun can de palleiro
Érica Esmorís, Nena e o mar
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)