Estaba na miña casa soa lendo un libro moi interesante cando, de repente, soou o meu móbil. Era miña nai que me preguntaba que tal estaba. Falei un pouco con ela e seguín lendo o meu libro .
Máis tarde escoitábase rañar na porta do estudio; era o meu can Uxío e deixeino pasar. Deille de comer, ceei eu e volvín enfrascarme no libro. De alí a un poco fun para a cama e quedei durmida.
E esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa
Ningún comentario:
Publicar un comentario