PÁXINAS

xoves, 2 de abril de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 6

Despois de que o meu compañeiro de piso marachara do país intentei atopar a toda présa un novo, xa que non me agradaba quedar soa na casa; pero esas noites que foi inevitable que estivbera soa sentín cousas estrañas: a miña cadela ladraba sempre á mesma hora; eu non vía nada, pero si que escoitaba, non lle dei importancia, pero para sentirme máis segura fun comprar unha cámara para instalar na entrada da casa. Esa noite escoitei claramente alguén rindo e como rompía a cámara que instalara. O peor ocorreu á mañá seguinte. Non mo cría. Fun á comisaría contar a historia. Non me tomaban en serio, pero notei como lle cambiaba a cara ao policía cando lle dixen: Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario