Onte, xusto quedai vendo unha película chamada “A casa de cera”. Foi unha das películas que máis medo me deu das moitas que vin. Polo medio dela, escoitei un ruído, pero non lle prestei moita atención xa que me ocorre bastante a mIúdo Cando rematou a película, acendín todas as luces. Si, son así de asustadiza. Despois fun para cama e escoitei un ruído, era como o son dunha cámara ou un móbil. A verdade é que tardei en durmir, pero fíxeno.
Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo.Vivo soa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario