PÁXINAS

domingo, 5 de abril de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 10

Onte pola noite, cando ía durmir, escoitei un ruído moi forte, parecía vir do salón. Cando fun ver que acontecía, detectei unha sombra movéndose ao meu carón. Ao chegar ao salón, un berro moi forte chamou a miña atención. Viña do soto, non me atrevía a baixar, a saber que me podía atopar! Rapidamente corrín cara a miña habitación, pechei con chave e púxenme a durmir. Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario