PÁXINAS

martes, 31 de marzo de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 1

Nunca me pasara algo así. Sempre vin películas de medo antes de durmir sen problemas.

Pero esta noite foi diferente.

Ao principio pensei que os ruidos eran só imaxinación mia. Os pasos que resoaban polo meu cuarto tamén o parecían. O asasino non ía vir por min.

A respiración ao lado da miña orella, caendo sobre a miña pel non podía ser unha simple xogada da miña mente.

Pero ao levantar a cabeza da almofada soamente vin a escuridade tenuemente rota pola luz da lúa, sen nada fora de lugar nela.

Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario