PÁXINAS

mércores, 18 de marzo de 2020

“ERA A NOSA PRIMEIRA CITA” 10

Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.
Aquel día fora moi importante para min. Coñecera unha persoa. Ela perdera o seu can na rúa e eu atoparao. Chameina ao móvil que había nos carteis de "SE BUSCA" e quedaramos ao día seguinte para que lle devolvese a Chusco.
A cafetería estaba case baleira. O camareiro serviume un café solo e púxenme a esperar por ela. Mentres agardaba mirei ao redor e fixeime nos outros clientes, mirei para as botellas, lin o periódico, falei polo whatsapp...
Estes últimos oito foron moi felices xunto a...Chusco, porque ela nunca apareceu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario