Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
martes, 24 de marzo de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 1
Hoxe penso en ser o home co Guinness World Records de ir o máis alto posible cun foguete. Xa está toda a miña familia véndome, dende as gradas do campo de fútbol da miña vila. E eu, ben equipado e rezando para que todo saia ben; que non haxa ningunha explosión antes do previsto, ningún ferido nin morto, nin ningunha traxedia sen ningunha excepción e por soposto ser o mellor. En principio toda a xente que vivía na vila estaba dándome ánimos pero... o foguete despegou antes de tempo e levoume ao ceo onde podía ver a vila coma se fose un formigueiro e vendo como a miña familia iba detrás dun home encapuchado cun chisqueiro na man.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario