Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal.
Xa acabara o instituto e facía outro ano máis que non conseguira captar a atención do meu amor platónico do penúltimo curso,Fer.Pero eu xa non tiña moitas esperanzas,por iso empezara a falar por internet con outro mozo dende facía 5 meses.En tan pouco tempo tamén me gustaba moito e coñeciámonos bastante ben,por iso decidimos quedar nun parque e facer un picnic mirando as estrelas do atardecer.
El doume todas as indicacións para saber onde estaba.Cando cheguei estaba nerviosa,vin por atrás un mozo alto,moreno e de pelo rizo. Cando nos vimos de frente non o podía crer,era Fer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario