Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
xoves, 19 de marzo de 2020
"ERA A NOSA PRIMEIRA CITA" 15
Era a nosa primeira cita e nada podía saír mal ; saín cun home que me invitou a tomar o café. Logo de conversar un anaco sen rematar o café, preguntoume se quería ir con el ao hotel que quedaba á volta da esquina. Foi a peor cita; eu non quería que saíse mal, pero non me quedou outro remedio que saír correndo. Nin o café logrei rematar! Ao saír correndo choquei cun home descoñecido, pero parecía boa xente; viu que estaba nerviosa e preguntoume que pasara . Ao final fun tomar con el un café. Foi unha cita e foi perfecta e desta vez rematei o café.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario