PÁXINAS

mércores, 25 de marzo de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 6


"Os accidentes son imprevisibles". Manolo sempre nolo dicía: "estade atentos e non vos desconcentrar".
Cando un de nós entraba a traballar sen o "obrigatorio" casco, alí estaba Manolo para botarlle a bronca. Se algunha vez estabas fumando un cigarro e sacabas as luvas, tiñas que escoitar a Manolo lembrándoche que era "obrigatorio" usalas.
Manolo era moi pesado.
Cal non sería o noso abraio cando a policía díxonos que non podiamos entrar á obra porque ocorrera un accidente.
Manolo morrera por caer do andamio cando subía moi rápido sen usar o "obrigatorio" arnés de seguridade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario