PÁXINAS

mércores, 13 de xuño de 2018

CUESTIONARIO PLAN PROXECTA "ALIMÉNTATE BEN"

Bo día, rapazas e rapaces. Imos rematar a participación no Plan Proxecta cubrindo o seguinte cuestionario. Tedes que seleccionar o link, dádeslle ao botón dereito do rato e "ir a" o link e despois xa podedes cubrir o cuestionario.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeWLMKcYx4ovm81EzKmZkvOg4A8yCFMQEfqLblvCLNlZnaSRQ/viewform?usp=sf_link



xoves, 14 de decembro de 2017

ALUMNADO IES DE CARRAL. CUESTIONARIO SOBRE O USO DO GALEGO 2017/18


A continuación ímosche poñer un enlace a un cuestionario. É anónimo; simplemente é para sabermos o uso que se fai do galego pola comunidade educativa do IES DE CARRAL. Unha vez cuberto, dáslle a enviar. Grazas pola túa colaboración! Agora só tes que premer na frase de abaixo:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdlTwaYKfYusEZL41s0LkXorRO2Vdw5lX3PKJAWWEbegfkFjQ/viewform?usp=sf_link


sábado, 28 de outubro de 2017

xoves, 26 de outubro de 2017

RETRATO ROBOT: A VIDA EN GALICIA NO XIX

ALUMNADO DE 3º DA ESO: SCI Ides comezar unha investigación sobre a vida en Galicia no s.XIX. Trataremos de saber como vivían os nosos antepasados. Imos dividir a sociedade en varios campos sobre os que teredes que traballar. O produto final debe ser unha presentación con imaxes a comentar. Estas imaxes subirédelas a un álbum de PINTEREST con comentarios sobre as mesmas. Debedes indicar sempre de onde procede a información e tamén a imaxe. Estes son os apartados que imos investigar:

  1. A INDUMENTARIA 
  2. A ALIMENTACIÓN 
  3. A LINGUA 
  4. A VIDA NO FOGAR 
  5. A HIXIENE 
  6. A ESCOLA 
  7. O NOIVADO E O AMOR 
  8. O MATRIMONIO 
  9. A VELLEZ 
  10. A FAMILIA 
  11. OS TIPOS DE VIVENDAS 
  12. AS CLASES SOCIAIS 
  13. OS OFICIOS 
  14. O TEMPO DE LECER 
  15. OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN 
  16. PERSOAS FAMOSAS 
  17. OS ESCRITORES/AS 
  18. A EMIGRACIÓN 
  19. OS OBXECTOS COTIÁS