Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
mércores, 1 de abril de 2020
CONCURSO DE MICROCONTOS, "VIVO SOA" 5
Na miña casa,moi lonxe da miña familia, preto do antigo xulgado que agora está pechado e moi vello, escoitábanse sempre ruídos pola noite, pero eu tomeino como algo normal. A miña casa só ten unha habitación (situada ao lado da porta de entrada). Sempre tiña pesadelos co mesmo, todo estaba relacionado cun móbil. Decidín pasar diso, aínda que penso que alguén me vixía nalgún momento do día. Un día de moita néboa o móbil non me ía ben, así que decidín cargalo e ir durmir un par de horas. Entón esa mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 4
Onte foi unha noite moi entretida e moi divertida, aínda que non me lembro de..como foi o final da noite. Do que me acordo é que despois de levar bastante tempo na discoteca, empezei a falar cun mozo e este sacoume a bailar; despois empezei a falar con el. A conversa durou bastante e do último que me lembro foi do bico que nos demos alí, pero non me lembro de nada máis. Aínda que esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 3
Hoxe tiven un mal día, espertei, mirei o reloxo e xa eran as 11:00!. Aínda tiña que facer os traballos da escola, os proxectos, os deberes, ler os libros que me mandaron os profes de lingua... Buf! Cando rematei mirei outra vez ao reloxo e vin que eran ás 22:00! Lavei os dentes, puxen o pixama e fun directo para a cama. Non daba durmido porque bebín moito café, pero conseguino, bebendo dous tragos de leite quente. Dúas horas máis tarde esperteime oíndo unhos ruídos e esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.
CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 2
Antonte pola tarde, cheguei á casa moi cansa do traballo. Ducheime, limpei un pouco a casa, fixen a cea e despois púxenme a ver un pouco a televisión.
Xa eran as once da noite e decidín ir para cama; xusto nese intre chamoume miña nai para preguntar que tal o día e todo iso que soe dicir unha nai. Cando rematamos de falar deixei o móbil na mesilla de noite e púxenme a durmir. Á mañá seguinte levanteime como todos os días ás oito da mañá e fun almorzar.
Estaba almorzando cando entrei na galería do móbil e vin unha foto miña durmindo. Vivo soa.
Xa eran as once da noite e decidín ir para cama; xusto nese intre chamoume miña nai para preguntar que tal o día e todo iso que soe dicir unha nai. Cando rematamos de falar deixei o móbil na mesilla de noite e púxenme a durmir. Á mañá seguinte levanteime como todos os días ás oito da mañá e fun almorzar.
Estaba almorzando cando entrei na galería do móbil e vin unha foto miña durmindo. Vivo soa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

