PÁXINAS

mércores, 7 de xaneiro de 2015

COMEZAMOS A 2ª AVALIACIÓN

Feliz 2015 a todas e todos e moitos ánimos para seguir o curso, que xa está enriba a segunda avaliación (que, por certo, pasará moi rápido). Tedes as datas de exames, lecturas e demais nos criterios de cualificación.

Comezaremos por falar dos cambios nos criterios de cualificación da materia:

- Haberá un exame máis e será oral. Terá unha valoración do 10% da nota global.
- Diminúe a nota por lecturas até quedar no 10%. Pero lembrade que sempre que se fagan lecturas súmase ás notas (sempre que se teña o mínimo no resto de apartados).
- Na nota de traballos (50%) dividiremos un 30% para os escritos e un 20% para a oralidade.
- Finalmente, lembrade que será valorada moi positivamente a actitude á hora de empregardes a lingua oralmente. Hai que poñer toda a intención, atención e corrección. Porque lembrade "A maior sorte é poder compartila (a lingua galega) e na nosa materia puntúa se o facedes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario