PÁXINAS

martes, 2 de xullo de 2019

UN ANACO DE PAN

Este curso participamos no Plan Proxecta, nun programa titulado "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional". Imos aproveitar este blog tan desaproveitado, para darmos a coñecer algúns dos traballos feitos as semanas pasadas polos compañeiros e compañeiras de 3º da ESO. Trataron de aprender sobre un tema que nunca pasa de moda en Carral, o pan. Seguro que todas e todos podemos aprender algo que non sabiamos. A cada alumno tocoulle unha palabra relacionada co pan, da que tivo que facer un pequeno traballo de investigación. Vexamos un exemplo:
Unha vez feito este traballo, debíano converter nunha infografía coa aplicación Genially para que quedase máis vistoso. E, finalmente, cargamos os diferentes traballos neste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario