Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
xoves, 12 de decembro de 2019
LIBROS DE LECTURA 2º ESO 1920
https://view.genial.ly/5d8f27fc4adc6a0f54086c8f/presentation-lecturas-lingua-2o-1920-copia
sábado, 7 de decembro de 2019
PROBA ORAL: INFOGRAFÍA "TEMOS NOMES PROPIOS"
Bo día! Recordade que este luns é a proba oral. Teredes que falar da vosa infografía/traballo "Temos nomes propìos". Podedes tela na pantalla. A infografía aínda tedes algún día máis para entregárdela. Esta é a plantilla coa que a vou corrixir.
MAL BEN REGULAR MBEN
COÑECE BEN O SEU TRABALLO E TRANSMÍTELLO BEN AO PÚBLICO?
LINGUAXE NON VERBAL: MIRA AOS COMPAÑEIROS? COLOCA BEN OS BRAZOS?
MAL BEN REGULAR MBEN
COÑECE BEN O SEU TRABALLO E TRANSMÍTELLO BEN AO PÚBLICO?
LINGUAXE NON VERBAL: MIRA AOS COMPAÑEIROS? COLOCA BEN OS BRAZOS?
O NIVEL DE VOZ É ADECUADO? VOCALIZA CORRECTAMENTE? ...
EMPREGA ORALMENTE O GALEGO CON CORRECCIÓN?
mércores, 4 de decembro de 2019
sábado, 30 de novembro de 2019
MODELO DE EXAME 2º DA ESO
https://docs.google.com/document/d/1-OJyf1Yk2R48Q0ZVJNz8-ayaOjRETTgMtK9Dt0pzCoc/edit?usp=sharing
venres, 15 de novembro de 2019
ACTIVIDADES PARA SUBIR NOTA EN 2º DA ESO
Bo día. Póñovos un enlace ao documento que ten as actividades para subir nota. En principio son para o alumnado que ten un 5 ou menos no primeiro exame. A data máxima para entregalas é o luns 2 de decembro. Debedes de facelas no caderno.
https://docs.google.com/document/d/1abd44MQxVQuGAqpyqcH-7d4tZ3BqoqcNLuumGUmm8pQ/edit?usp=sharing
Temos nomes propios
https://docs.google.com/document/d/1MztV7zxbh1jlUSj51vrM9e8IBkQP1QtSTxAMJTp75xs/edit?usp=sharing
luns, 21 de outubro de 2019
Poñemos música ao Pan Comido
O Pan Comido é un xogo que se creou no IES de Carral. Este ano ímolo seguir completando. Unha das probas consiste en completar a letra de cancións tradicionais galegas. Imos buscar vídeos que acompañen estas letras. Unha vez que atopes, envíasnos o enlace como comentario Anónimo.
As cancións das preguntas están no seguinte enlace:
https://docs.google.com/presentation/d/1Dh3rawrUsK7ZENvTsGsxFDVYSb5Q6JtEgci0sXNF3Fk/edit?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1DSvYIOtXhhdzYHXJY5e69LvzueJ1bwW6/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1ppfvt_Uy6e7hjPpRAlQgptu_J_W1b0RM/view?usp=sharing
domingo, 20 de outubro de 2019
Porque temos nomes propios
Ola, rapazada de 2º. Hoxe tedes que cubrir o seguinte formulario. Cando acabes dálle a enviar,
luns, 7 de outubro de 2019
Os antropónimos de Galicia
Hoxe quero ver como nos movermos na rede. Así que vou poñer un pequeno traballiño.
Quero que busquedes na rede e que enviedes os enlaces de webs que:
Traten o tema dos nomes propios de persoa en Galicia
Tamén os nosos apelidos
E xa con nota… que me digades cales son os 5 apelidos máis habituais en Galicia e en Carral!!
E tamén os 5 nomes de muller e de home máis frecuentes en Galicia e en Carral.
Podedes envialos no apartado, “Comentarios” a esta entrada do blog. (Imaxe de La Voz de Galicia)
mércores, 2 de outubro de 2019
Libros de lectura 2º ESO, curso 2018/19
Esta é a primeira actividade na Aula de Informática; tedes que aportar información sobre os libros de lectura para este curso.
En primeiro lugar indicaredes como fixestes para obter a información e o recurso que aportades; en segundo lugar, engadiredes o recurso no apartado "Comentarios" a esta entrada. A seguir déixovos a relación de autores e obras de lectura:
Xelís de Toro, A porta dourada
Antonio García Teijeiro, Lendo lendas, digo versos
Elena Gallego Abad, Dragal I, A herdanza do dragón
Xosé Miranda, Pel de lobo
Ledicia Costas, Recinto Gris
Agustín Fernández Paz, Aire negro
Jack London, A chamada da selva
Rudyard Kipling, O libro da selva
Tucho Calvo, O xabaril branco
Pere Tobaruela, Viaxes dun can de palleiro
Érica Esmorís, Nena e o mar
martes, 2 de xullo de 2019
UN ANACO DE PAN
Este curso participamos no Plan Proxecta, nun programa titulado "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional". Imos aproveitar este blog tan desaproveitado, para darmos a coñecer algúns dos traballos feitos as semanas pasadas polos compañeiros e compañeiras de 3º da ESO. Trataron de aprender sobre un tema que nunca pasa de moda en Carral, o pan. Seguro que todas e todos podemos aprender algo que non sabiamos. A cada alumno tocoulle unha palabra relacionada co pan, da que tivo que facer un pequeno traballo de investigación. Vexamos un exemplo:
Unha vez feito este traballo, debíano converter nunha infografía coa aplicación Genially para que quedase máis vistoso. E, finalmente, cargamos os diferentes traballos neste blog.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)