PÁXINAS

domingo, 19 de febreiro de 2017

Libros de lectura 3ºESO. Curso 2018/19

Estes son, polo momento, os libros de lectura para 3º da ESO neste curso. CASTELAO, Os vellos non deben de namorarse J. MAURO DE VASCONCELOS, A miña planta de laranxa lima MARÍA REIMÓNDEZ, Fóra do normal AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, O único que queda é o amor LEDICIA COSTAS, O corazón de Xúpiter FRAN ALONSO, Cartas de amor ROSA ANEIROS, Ámote Leo

luns, 6 de xuño de 2016

Cuestionario lingüístico

Á ATENCIÓN DO ALUMNADO DA ESO DO IES DE CARRAL:

A seguir vas ter un enlace a un cuestionario. Por favor, preme sobre a palabra cuestionario

Despois de o cubrires por completo, dálle a "enviar". Grazas.



mércores, 7 de xaneiro de 2015

COMEZAMOS A 2ª AVALIACIÓN

Feliz 2015 a todas e todos e moitos ánimos para seguir o curso, que xa está enriba a segunda avaliación (que, por certo, pasará moi rápido). Tedes as datas de exames, lecturas e demais nos criterios de cualificación.

COMEZAMOS A 2ª AVALIACIÓN

Feliz 2015 a todas e todos e moitos ánimos para seguir o curso, que xa está enriba a segunda avaliación (que, por certo, pasará moi rápido). Tedes as datas de exames, lecturas e demais nos criterios de cualificación.

Comezaremos por falar dos cambios nos criterios de cualificación da materia:

- Haberá un exame máis e será oral. Terá unha valoración do 10% da nota global.
- Diminúe a nota por lecturas até quedar no 10%. Pero lembrade que sempre que se fagan lecturas súmase ás notas (sempre que se teña o mínimo no resto de apartados).
- Na nota de traballos (50%) dividiremos un 30% para os escritos e un 20% para a oralidade.
- Finalmente, lembrade que será valorada moi positivamente a actitude á hora de empregardes a lingua oralmente. Hai que poñer toda a intención, atención e corrección. Porque lembrade "A maior sorte é poder compartila (a lingua galega) e na nosa materia puntúa se o facedes.


mércores, 3 de decembro de 2014

MODELO DO 2º PARCIAL DE 3º DA ESO

Ola rapaces e rapazas de 3º da ESO, de Lingua e Literatura Galegas. Imos co modelo de exame do 2º parcial.

O exame terá 4 apartados:
 1- As cantigas medievais: completar unha cantiga cos recursos repetitivos; dicir se é de amor ou amigo e por que; traballar algo a rima e indicar o tema da mesma. (3 puntos)

 2- O traballo de investigación sobre os pazos: apréndeo todo do teu traballo dos pazos: como buscar información, que fontes de información usaches, como se busca nunha biblioteca (tamén nos catálogos virtuais), até todo o que entregaches sobre o teu pazo. (3 puntos)

 3- O cómic: páxinas 214 á 217 do libro de texto + as prácticas que fixemos na aula. E a historia e elementos do voso traballo en grupo. (2 puntos)

 4- Redacción: terás que facer un borrador sinalando o narrador, tempo, espazo, personaxes, accións, parágrafos e despois escribila. O tema xa volo digo eu.

 E a conseguirdes un resultado positivo!!!


martes, 2 de decembro de 2014

ESCRIBIMOS CON CORRECCIÓN

Temos que ir mellorando a nosa lingua escrita e falada. Xa estamos nun nivel no que hai erros que non se deben repetir. Imos comezar poñendo os máis relevantes a eliminar. Podedes consultalos premendo no seguinte documento