Este blog servirá para que nos comuniquemos alumnos e profesor e compartamos información sobre o curso e os proxectos que realicemos.
martes, 2 de xullo de 2019
UN ANACO DE PAN
Este curso participamos no Plan Proxecta, nun programa titulado "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional". Imos aproveitar este blog tan desaproveitado, para darmos a coñecer algúns dos traballos feitos as semanas pasadas polos compañeiros e compañeiras de 3º da ESO. Trataron de aprender sobre un tema que nunca pasa de moda en Carral, o pan. Seguro que todas e todos podemos aprender algo que non sabiamos. A cada alumno tocoulle unha palabra relacionada co pan, da que tivo que facer un pequeno traballo de investigación. Vexamos un exemplo:
Unha vez feito este traballo, debíano converter nunha infografía coa aplicación Genially para que quedase máis vistoso. E, finalmente, cargamos os diferentes traballos neste blog.
luns, 22 de outubro de 2018
CUESTIONARIO DOS USOS LINGÜÍSTICOS DAS FAMILIAS DO IES DE CARRAL
Cubre o seguinte cuestionario.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeDM5AfVAMX6czrQw-M3nH5OsdSU7EQaNKnBNNuO4zBNHZFRg/viewform?usp=sf_link
martes, 9 de outubro de 2018
Animaliños - Parellas
Escolle un dos animais da táboa:
https://docs.google.com/document/d/1GpKwwLd3HxNBBI1oRIenFRd-RJyRVfv1NzukryQU6OA
luns, 2 de xullo de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

