PÁXINAS

luns, 21 de outubro de 2019

Poñemos música ao Pan Comido

O Pan Comido é un xogo que se creou no IES de Carral. Este ano ímolo seguir completando. Unha das probas consiste en completar a letra de cancións tradicionais galegas. Imos buscar vídeos que acompañen estas letras. Unha vez que atopes, envíasnos o enlace como comentario Anónimo. As cancións das preguntas están no seguinte enlace: https://docs.google.com/presentation/d/1Dh3rawrUsK7ZENvTsGsxFDVYSb5Q6JtEgci0sXNF3Fk/edit?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/1DSvYIOtXhhdzYHXJY5e69LvzueJ1bwW6/view?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/1ppfvt_Uy6e7hjPpRAlQgptu_J_W1b0RM/view?usp=sharing

domingo, 20 de outubro de 2019

Porque temos nomes propios

Ola, rapazada de 2º. Hoxe tedes que cubrir o seguinte formulario. Cando acabes dálle a enviar,

luns, 7 de outubro de 2019

Os antropónimos de Galicia

Hoxe quero ver como nos movermos na rede. Así que vou poñer un pequeno traballiño. Quero que busquedes na rede e que enviedes os enlaces de webs que: Traten o tema dos nomes propios de persoa en Galicia Tamén os nosos apelidos E xa con nota… que me digades cales son os 5 apelidos máis habituais en Galicia e en Carral!! E tamén os 5 nomes de muller e de home máis frecuentes en Galicia e en Carral. Podedes envialos no apartado, “Comentarios” a esta entrada do blog. (Imaxe de La Voz de Galicia)

mércores, 2 de outubro de 2019

Libros de lectura 2º ESO, curso 2018/19

Esta é a primeira actividade na Aula de Informática; tedes que aportar información sobre os libros de lectura para este curso. En primeiro lugar indicaredes como fixestes para obter a información e o recurso que aportades; en segundo lugar, engadiredes o recurso no apartado "Comentarios" a esta entrada. A seguir déixovos a relación de autores e obras de lectura: Xelís de Toro, A porta dourada Antonio García Teijeiro, Lendo lendas, digo versos Elena Gallego Abad, Dragal I, A herdanza do dragón Xosé Miranda, Pel de lobo Ledicia Costas, Recinto Gris Agustín Fernández Paz, Aire negro Jack London, A chamada da selva Rudyard Kipling, O libro da selva Tucho Calvo, O xabaril branco Pere Tobaruela, Viaxes dun can de palleiro Érica Esmorís, Nena e o mar

martes, 2 de xullo de 2019

UN ANACO DE PAN

Este curso participamos no Plan Proxecta, nun programa titulado "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional". Imos aproveitar este blog tan desaproveitado, para darmos a coñecer algúns dos traballos feitos as semanas pasadas polos compañeiros e compañeiras de 3º da ESO. Trataron de aprender sobre un tema que nunca pasa de moda en Carral, o pan. Seguro que todas e todos podemos aprender algo que non sabiamos. A cada alumno tocoulle unha palabra relacionada co pan, da que tivo que facer un pequeno traballo de investigación. Vexamos un exemplo:
Unha vez feito este traballo, debíano converter nunha infografía coa aplicación Genially para que quedase máis vistoso. E, finalmente, cargamos os diferentes traballos neste blog.

luns, 22 de outubro de 2018

CUESTIONARIO DOS USOS LINGÜÍSTICOS DAS FAMILIAS DO IES DE CARRAL

Cubre o seguinte cuestionario. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeDM5AfVAMX6czrQw-M3nH5OsdSU7EQaNKnBNNuO4zBNHZFRg/viewform?usp=sf_link

martes, 9 de outubro de 2018

Animaliños - Parellas

Escolle un dos animais da táboa: https://docs.google.com/document/d/1GpKwwLd3HxNBBI1oRIenFRd-RJyRVfv1NzukryQU6OA