PÁXINAS

venres, 1 de maio de 2020

VÍDEO 2 DÍA DO LIBRO CLAUDIA VÁZQUEZ


VÍDEO 1 DÍA DO LIBRO DE PABLO BARBEITO


VÍDEOS POLO DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración este xoves, 23 de abril  do "DO DÍA LIBRO", propoñemos a seguinte actividade suxerida pola Biblioteca do CEIP Padre Cardeal Quiroga:
Teredes que inventar unha historia coas portadas dos libros que vos queirades e que teñades na casa.  A historia contarédela en galego, aínda que haxa portadas de libros noutras linguas. Podedes ver os que presentaron nese CEIP na seguinte ligazón e un vídeo dos que se presentaron.

martes, 21 de abril de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS, "TARÁNTULA" 2


Isto aconteceu un día que fun ao parque cos meus pais. Ese mesmo día encontrei un anaco de tea con manchas de sangue.  Estaba tan nervioso que fun  avisar o primeiro persoal do parque que vira, pero o que me fixo latexar aínda máis o corazón ,foi que a xente andaba correndo e gritando, saíndo pola porta de emerxencia do parque. Case me dá un ataque de pánico!, Despois notei que alguén me tocou nas costas, miro e... Era unha tarántula! Só pasaron uns segundos ata que veu un señor correndo que preguntaba: "ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA?". Inmediatamente entregueille a tarántula nun golpe, pero sigo pensando que pasou co anaco de tea...

xoves, 16 de abril de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS, "TARÁNTULA" 1

O monstro do colexio.
Hoxe é día de festa no colexio, xa que é o ultimo día do curso. Todos o estaban pasando ben, ata que se empezaron a escoitar gritos en diversas partes do patio. Algúns dicían ver unha araña, outros un monstro, e había quen o chamaba cousa peluda. Ante tanto alboroto, unha profesora acode ao patio e atópase unha tarántula. Nada máis vela acórdase dun alumno. Cóllea con coidado e chama o alumno para clase.
Cando entra, pregúntalle se perdeu algo, mostrando o animal. Ao que el contesta: ONDE ESTABA A MIÑA TARÁNTULA? A profesora preguntoulle que por que estaba no centro. Entón, el aclarou: esta mañá, mentres lle daba a súa comida, escapouse e debeuse meter na miña mochila.