PÁXINAS

martes, 31 de marzo de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS "VIVO SOA" 1

Nunca me pasara algo así. Sempre vin películas de medo antes de durmir sen problemas.

Pero esta noite foi diferente.

Ao principio pensei que os ruidos eran só imaxinación mia. Os pasos que resoaban polo meu cuarto tamén o parecían. O asasino non ía vir por min.

A respiración ao lado da miña orella, caendo sobre a miña pel non podía ser unha simple xogada da miña mente.

Pero ao levantar a cabeza da almofada soamente vin a escuridade tenuemente rota pola luz da lúa, sen nada fora de lugar nela.

Esta mañá atopei no meu móbil unha foto miña durmindo. Vivo soa.

sábado, 28 de marzo de 2020

AS GUERRAS DO SÉCULO XX NO CINE 45

https://www.canva.com/design/DADy84AX8rI/share/preview?token=JAaLCwgB4gJxQ_NhkIfsBw&role=EDITOR&utm_content=DADy84AX8rI&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=sharebutton

mércores, 25 de marzo de 2020

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 10

Estaba a punto de comezar a gran subida á montaña,o que gañara esa competición sería o que desfrutaría da gran recompensa,e alí estaba eu,entre milleiros de persoas animando ao meu gran amigo da infancia,Alberto e eu éramos inseparables,43,.Esta competición era moi importante para el,levaba adestrando meses e meses,concretamente dez meses,tres semanas e seis días,estaba seguro de que el era capaz de gañar,pasara o que pasara eu estaría moi orgulloso de Alberto e de todo o tempo que gastou en prepararse,se gañaba sería algo xenial,vamos Alberto!

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 9

A GRAN AVENTURA DE XOÁN
Xoán era un neno ao que lle gustaban moito os foguetes ,desde moi pequeno facía foguetes de xoguete e xogaba a que era un astronauta e viaxaba á lúa.Cando tiña once anos fixo un prototipo de foguete que chegou ata o tellado da sua casa e rompeu un pedazo de tellado. Os seus pais berráronlle, pero el seguía coas súas trasnadas.Foron pasando os anos e Xoán converteuse nun gran experto dos foguetes ,e fabricou un co que puido chegar ata a Lúa, o que sempre desexara de pequeno cumpríuselle e fíxose famoso.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 8

A Subida

Alberto era un importante médico que dispoñia en xeral de moi poco tempo na súa vida. El tiña unha Muller e dous fillos. A muller e seus fillos reclamaban atención. Esta situación iniciouse pola chegada dos coronavirus xa que lugares como Madrid, onde vivían, necesitaban da axuda do maior número de sanitarios posibles. Neste intre ,Alberto deuse conta xunto con outros moitos compañeiros que debían esforzarse moito e subir o seu afán de traballo. Deles dependía que esta enfermidade disminuira. Con isto a súa familia entendeu o lugar onde debía estar.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 7

A subida á casa da avoa.
Unha familia que vivía na Coruña tiña un piso ao carón do mar pero, tiñan unha excepción e era a súa avoa. Ela vivía nuha montaña moi empinada. Case non había rúas nin camiños e os que había eran moi empinados. Como costaba bastante chegar á cima que era onde se atopaba a súa casa, quería inventar unha maneira de poder subir se case esforzo. Ao principio pensou nunha especie de ascensor pero ao final fixo unha cadeira cuns foguetes para subir á casa e unha tirolina para descender. Unha idea moi divertida.

CONCURSO DE MICROCONTOS "A SUBIDA" 6


"Os accidentes son imprevisibles". Manolo sempre nolo dicía: "estade atentos e non vos desconcentrar".
Cando un de nós entraba a traballar sen o "obrigatorio" casco, alí estaba Manolo para botarlle a bronca. Se algunha vez estabas fumando un cigarro e sacabas as luvas, tiñas que escoitar a Manolo lembrándoche que era "obrigatorio" usalas.
Manolo era moi pesado.
Cal non sería o noso abraio cando a policía díxonos que non podiamos entrar á obra porque ocorrera un accidente.
Manolo morrera por caer do andamio cando subía moi rápido sen usar o "obrigatorio" arnés de seguridade.